INICIO
 CECAP
¿Qué es Cecap?
Fines y actividades
Servicios Técnicos
Relaciones Institu.
Órganos de Gobierno
Convenios yAcuerdos
 NORMATIVA DE   INTERÉS
 EVENTOS
 ORGANIZA. MIEMBRO
 COMUNICACIÓN
Noticias
Galeria de fotos
Imagen Corporativa
Suscripción
Dossier presentación
 SUGERENCIAS
 LINKS
 MAPA WEB
 CONTACTO
 
 
Elija su idioma Español Enlish Français Català Aragonés Euskera

A "Confederación Española de Centros de Formación y Academias Privadas (CECAP)" é a Organización empresarial representativa en España do Sector da Ensinanza Non Regrada. Os centros de ensinanza asociados a CECAP encóntranse agrupados a través das súas Organizacións membro, con implantación en tódalas Comunidades Autónomas. En CECAP están asociadas toda clase de empresas que imparten Ensinanza e Formación Non Regrada (Idiomas, Oposicións, Escolas de Negocio, Ensinanza a Distancia, Formación Ocupacional e Continua, Seguridade Privada, Recuperacións, Apoio ou Preparación para o Acceso á Ensinanza Regrada, entre outras). Entre os seus principais cometidos figura o de potenciar e coordina-la actividade dos seus membros para a mellor defensa dos seus intereses, así como velar pola calidade da oferta formativa dos centros de formación do país.

Representatividade
A súa expansión nacional e o número de empresas asociadas outórganlle a forza necesaria para impulsar proxectos en beneficio do colectivo e loitar pola resolución de problemas comúns. CECAP é a organización máis representativa do sector e así está recoñecida polos interlocutores sociais. Entre as súas competencias encontrase a de negociar convenios colectivos cos sindicatos e acordos con organizacións patronais ou institucións.

Orixes de CECAP
As orixes de CECAP remóntanse ó ano 1988, cando numerosos Centros de Ensinanza Non Regrada, pertencentes a diversas provincias españolas, sentiron a necesidade de unirse para defende-los seus intereses. Así xurde a Asociación Española de Academias que, posteriormente, se transformará en Federación (FEAP) e que, debido o seu crecemento continuo, á diversificación das ensinanzas recollidas no seu seo, e ó fortalecemento das súas estructuras territoriais, en 1995 constituíuse como "Confederación Española de Centros y Academias Privadas (CECAP)". Na actualidade, e baixo a denominación de "Confederación Española de Centros de Formación y Academias Privadas", esta Organización presentase como a lexítima representante da Formación Non Regrada, formando parte como tal da CEOE e CEPYME.

Composición e sector
A Confederación está composta por 18 Organizacións membro de carácter autonómico ou sectorial emprazadas ó longo de todo o territorio nacional. Cada Federación e cada Asociación integrada promoven, a súa vez, actividades co obxectivo da óptima representación, defensa e protección dos intereses sociais, económicos e profesionais dos seus centros de formación asociados. A este respecto CECAP potencia o espírito de cooperación e solidariedade entre os seus membros e promove actividades para o desenvolvemento cultural e profesional do colectivo encadrado a través da realización de seminarios, publicacións, conferencias, mesas redondas, ...

© 2005 CECAP · Todos los derechos reservados · Desarrollado por: Ceintel